Blogia
FP VERÍN AUTOMOCIÓN

COMPETENCIAS XERAIS DO TÉCNICO DE ELECTROMECÁNICA DE VEHÍCULOS

COMPETENCIAS XERAIS DO TÉCNICO DE ELECTROMECÁNICA DE VEHÍCULOS


Competencia xeral


Os requisitos xerais de cualificación profesional do sistema productivo para este técnico son:
Realizar operacións de mantemento, montaxe de accesorios e transformacións do vehículo na área de mecánica, hidráulica, pneumática e electricidade axustándose a procedementos e tempos establecidos, conseguindo a calidade requirida e en condicións de seguridade.


Capacidades profesionais

Capacidades técnicas:
-Interpretar e comprende-la información e, en xeral, toda a linguaxe simbólica asociada ás operacións de mantemento e reparación na área de electromecánica, accesorios e equipos do vehículo.
-Diagnosticar avarías na área electromecánica de vehículos, determinando as súas causas e establecendo o proceso de reparación.
-Executar con destreza as operacións de mantemento e reparación dos elementos electromecánicos do vehículo, accesorios e equipos, autoavaliando o resultado da súa intervención.
-Executar un conxunto de accións, de contido politécnico e/ou polifuncional, de forma autónoma no marco das técnicas propias da súa profesión, baixo métodos establecidos.

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres.

0 comentarios

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres